Monday 13 de May de 2024

O Concello organiza numerosas actividades infantís e xuvenís durante o verán


O prazo de presincrición para as actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello estará aberto entre os días 17 e 23 de maio. Deberán realizarse a través da sede electrónica e só poderán apuntarse nenos e nenas empadroados no municipio.

Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións, minicampamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti,…

É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.

MÁIS INFORMCIÓN: https://www.oleiros.org/actividades-infant%C3%ADs/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/637591